viernes, 3 de abril de 2020

XOGOS EN FAMILIA

Deixamos por aquí unhas ideas de xogos para facer en familia que están moi ben...

Este primeiro serve para traballar a memoria, esquema corporal, motricidade fina... e é moi divertido! Tedes que debuxar, sen mirar (de memoria) á persoa que ten o folio na espalda... e viceversa.


Con este podemos traballar a noción espacial, concentración... Con platos de papel ou con cartón, hai que facer uns aros... podemos decoralos... e intentar por quendas que encaixen nun pau (pode ser o pau do recolledor, varios rollos de papel de cociña/ou hixiénico pegados... o que atopedes por casa)


E se seguimos coa reciclaxe do noso proxecto #mareplásticos, se tedes algún bidón de auga pola casa podedes xogar a convertilos en "comebolas" e facer bolas de papel (con xornais, papeis reciclados...), ou bolas de papel albal para reutilizalo... E a xogar a encestar... a ver quen fai máis puntos!


Se vos animades a facer algún... e queredes, sempre podedes enviarnos fotos!!! 😜😜


No hay comentarios:

Publicar un comentario