martes, 14 de abril de 2020

CORRESPONDENCIA NUMÉRICA

Volvemos á carga!! Como estades?

Hoxe traemos unha actividade para traballar lóxico-matemática, en concreto a correspondencia, ademais da motricidade fina (importantísima no comezo da escritura, por exemplo).

Este exemplo está feito con:

- Caixa de amorodos reciclada
- Dous lápis vellos
- Pintura (opcional)
- Corda
- Pinzas pequenas
- Goma eva, fieltro, papeis, cartolinas...etc.
- Pistola de silicona

A idea é montar un tendal, e crear a roupa (a pequena escala) para colgala. Podemos simplemente traballar isto, para despois reforzar a motricidade fina colgando as prendas coas pinzas... Ou tamén engadir números ás pinzas (eu tiña pinzas con números, pero pódense escribir na madeira cun rotulador permanente) e ás prendas da roupa (ou cantidades, por exemplo, o número 5 na pinza e 5 puntiños na camiseta) e así traballar a correspondencia numérica.

Podedes facelo con outros materiais: caixa de cartón, tupper vello, bandexa... o que queirades... Só é cuestión de traballar a imaxinación e creatividade.

Depende da idade dos nenxs tamén podedes facer que recorten eles, ou que piquen (cun punzón) marcando a silueta... etc.






1 comentario:

  1. QUE BUENA IDEA!!! Y DIVERTIDA!!! ESTE LO PONEMOS EN PENDIENTES!!!
    JEJEJEJEJE

    ResponderEliminar