viernes, 19 de junio de 2020

¡FELIZ VERANO!

Después de todo el trabajo que hemos hecho durante estos meses a través del blog, hoy llegó el día en el que el curso se acaba...
Seguramente estaríamos en clase después del festival, haciendo una gran merienda... pero como este año fue especial y diferente...
Os dejamos este vídeo para desearos un feliz verano, ¡nos vemos en Septiembre!
Os queremos mucho
Las profes:
Marilina, Lis, Bego y Andrea.

Cápsula do tempo

PROPOSTA PARA FACER DURANTE O VERÁN E COMPARTIR NO VINDEIRO CURSO, MIRADE O VÍDEO:

jueves, 18 de junio de 2020

PINTANDO O TEITO

Hoxe imos pintar dunha forma pouco común. Facede click no vídeo para saber de que se trata!!


miércoles, 17 de junio de 2020

EXPERIMENTO DO BIG BANG

Bo día!!! 
Hoxe deixámosvos o experimento do Big Bang. Facede click no vídeo para saber como facer:

Aniversarios Xuño: Leo e Zaira

Boas!!!! As profes estivemos esta semana un pouco despistadas...

Pero, aínda que sexa un pouquiño tarde, queriamos felicitar a Zaira e a Leo que cumpriron os dous anos o pasado 10 de xuño!!!!

Esperamos que tiverades un día xenial e mandámosvos un bico enorme!



Animádevos a deixarlles un bico grande nos comentarios!

martes, 16 de junio de 2020

VISITA AO OCEANOGRÀFIC DE VALENCIA

Hoxe deixamos para vós unha visita guiada polo Oceanogràfic de Valencia, onde podedes achegarvos máis a animais mariños coma o tiburón, o golfiño, as tartarugas mediterráneas, os peixes tropicais e templados... 

Aquí tedes algunha serie de exemplos dos lugares ós que podedes acceder e o seu enlace: 


Se aínda tedes ganas de máis aquí tedes un vídeo sobre o maior grupo de tartarugas verdes do mundo preparadas para anidar:

lunes, 15 de junio de 2020

viernes, 12 de junio de 2020

IOGA PARA NENOS/AS (2)

Hoxe traemos novos vídeos para practicar ioga na casa dunha forma lúdica, esperamos que vos sexan de utilidade!


jueves, 11 de junio de 2020

DEBUXAMOS

A idea desta actividade é traballar a atención e a creatividade... Mirade o vídeo para saber que vos propoñemos e enviade as vosas creacións se o facedes!!! :)


miércoles, 10 de junio de 2020

TRABALLAMOS AS SERIES

Hoxe propoñémosvos unha actividade para traballar as series. Animádevos a facela e pinchade no vídeo.
Esperamos que vos guste!!!!!!!!!


martes, 9 de junio de 2020

NA PROCURA DE LETRAS E CORES


Bo día familias, como vai todo?
Hoxe deixamos para vós dúas variantes dunha búsqueda do tesouro. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes en familia!

lunes, 8 de junio de 2020

CREACIÓNS EFÍMERAS

Bo día familias! 
Hoxe deixamos para vós unha proposta na que se elaboren creaciones efímeras con materiais que teñades pola casa... No vídeo deixámosvos alguns exemplos pero recordade, o importante é deixar voar a vosa imaxinación!
Bo comezo de semana!!

viernes, 5 de junio de 2020

AS PROFES CONTAMOS CONTOS VI

Hoxe volvemos por aquí a contarnos uns contos, esperamos que vos gusten. 
Bo fin de semana!!








BEE-BOT E XOGOS DE MEMORIA E DISCRIMINACIÓN VISUAL ONLINE

Bo día familias!! Como vai todo?Esperamos que ben!
Hoxe deixamos para vós unha serie de recursos online:

a) BEE-BOT
É un robot que permite iniciarnos na programación. Trátase de levar á abella ata o punto final que se indica, tendo que pasar polos diferentes cadros azuis. Para movelo tedes os comandos, que se encontran na parte inferior dereita. "Diante" e "atrás" desplazan o robot, mentres que "esquerda" e "dereita" só o xiran do lado correspondente. Podedes acumular as diferentes ordes ata o final e darlle a "GO" (esta sería a maior dificultade), acumular algún e darlle a "GO" (dificultade media, segundo o número de ordes que se lle de) ou dar só unha orde de cada vez (nivel máis doado). Iranvos aparecendo os movementos no recado azul da dereita. 
O xogo ten diferentes niveis, que se irán pasando a medida que o robot chegue á meta. 


b) XOGO DE MEMORIA
É o tradicional xogo de parellas, tendo como vedes diferentes temáticas entre as que destacamos o mar. Ten tres niveis de dificultade para que se poda adaptar as características dos nenos e nenas. Implica as función executivas de atención, memoria... 


c) XOGO DE DISCRIMINACIÓN VISUAL 
Trátase de seleccionar os elementos que son iguais ao modelo que se nos proporciona. Fomenta o desenvolvemento da discriminación visual, poñendo en xogo a atención, a memoria... 



jueves, 4 de junio de 2020

Experimento: lámpara de lava

NOVO EXPERIMENTO!!! Necesitades:

- Aceite de xirasol
- Auga
- Colorante
- Pastilla efervescente

Mirade o vídeo para saber como facelo!

miércoles, 3 de junio de 2020

Vai unha de... bolos??????

Hola familias.
Hoxe propoñémosvos un xogo moi divertido para toda a familia.
Queredes ver cal é???
Aquí tendes o video.

martes, 2 de junio de 2020

INVESTIGAMOS OS CACHALOTES

Bo día familias!! Hoxe imos investigar outro animal mariño: os cachalotes!
Para coñecer un pouquiño sobre eles deixámosvos un vídeo:


Logo do mesmo podedes facer unha manualidade. Aquí tedes o vídeo explicativo: 

Tamén propoñemos unhas actividades impresas para o tratamento da lecto-escritura:
















E tamén outras actividades impresas de lóxica-matemática:



Neste enlace podedes descargar as actividades: 





viernes, 29 de mayo de 2020

CREAMOS CON ROTUS

Hoxe a actividade consiste en reproducir imaxes con rotuladores...

Pero tamén podedes usar lápis, depresores de cores, ceras...

A idea é reproducir a forma que nos apareza na tarxeta... Traballando así asociación, lóxica, atención...





Aquí tedes enlaces para poder descargar as tarxetas:


AS PROFES CONTAMOS CONTOS V

De novo estamos por aquí para contarvos uns contos, esperamos que vos gusten. Bo fin de semana!!




jueves, 28 de mayo de 2020

PINCHAMOS AGUA

Hoxe plantexámosvos un experimento moi divertido onde... pincharemos auga!!!!!
Mirade o video para saber como facelo.



miércoles, 27 de mayo de 2020

TWISTER

Hoxe temos para vós unha actividade para movernos un pouquiño. Mirade o vídeo para saber de que se trata!!

ANIVERSARIO AROA


Moitísimos parabéns, Aroa (3 anos A)!!!! Disfruta moito do día e dos 4 anos, que xa eres toda unha maior!


Aquí tes a plantilla da coroa do cole para celebralo por todo o alto coa tua familia!



martes, 26 de mayo de 2020

RULETA DE FIGURAS XEOMÉTRICAS E CONTEO

Bo día!! Reproducide o video para saber de que se trata:





Para seguir traballando un pouquiño as figuras xeométricas deixamos tamén unhas actividades impresas que podedes facer:




Aquí tedes o enlace para descargar as plantillas: 


lunes, 25 de mayo de 2020

FUTBOLÍN PARA TRABALLAR O SOPRO

Aquí tedes un novo xogo para traballar o sopro, algo fundamental para o desenvolvemento da linguaxe oral, pois traballamos os músculos implicados na fala...



Mirade o vídeo para saber como facelo e como xogar con el!

jueves, 21 de mayo de 2020

INVESTIGANDO AS TARTARUGAS

Bo día!! Que tal estades?
Hoxe imos investigar outro animal mariño: as tartarugas. Trataremos aspectos como:
- Alimentación
- Reproducción
- Depredadores e perigos
- Forma de vida

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o nacimiento das tartarugas e outro vídeo informativo das mesmas:



Logo de observar os vídeos propoñemos unha serie de actividades:
De lecto-escritura: 


De lóxico-matemática (maior/menor que, medida):



Tamén podedes fomentar o voso lado artístico cunha manualidade e uns mandalas:







Aquí tedes o enlace para descargar as actividades: