martes, 31 de marzo de 2020

2ª AVALIACIÓN

Fai uns días dende a Consellería e Inspección Educativa déronse directrices para levar a cabo a avaliación do 2º trimestre tendo en conta o traballado ata o día 13 de marzo de 2020
Na páxina web do cole tedes as instruccións do centro:



3 EN RAIA

Hoxe traemos un xogo novo... Un 3 en raia!

É moi doado, só tedes que usar as plantillas que deixamos por aquí... O ideal sería despois pegar as fichas en cartón/cartolina, así como o taboeiro, para que sexan algo máis resistentes...
Ou tamén podedes usar tapóns de botellas para pegar as imaxes e convertilas en "fichas" do xogo.



Pero se non tedes impresora, tamén podedes crear vós un 3 en raia, como este:


Animádevos, pásase moi ben!

ANIVERSARIO PEDRO

Hoxe 31 DE MARZO está de aniversario PEDRO, da clase de 3 ANOS B. 

MOITÍSIMOS PARABÉNS PEDRO, as profes, e especialmente a Profe Andrea, mándanche moitos bicos e esperamos que pases un día xenial xogando coa tua familia. 

Pronto o celebraremos todos e todas xuntxs!


Aquí tes unha plantilla para poder facer a coroa do cole e decorala ao teu gusto

ANIMÁDEVOS A FELICITALO!!

PINTANDO CON XEOS DE CORES

Hoxe temos para vós unha forma diferente de pintar: con xeos de cores. 

PRECISADES


Palillos, depresores, pinzas... o que teñades por casa
Colorante 
Bandexa para xeos 
Auga

PROCESO

Botades auga na bandexa e posteriormente ides poñendo un par de gotiñas de colorante en cada espacio. As cores máis escuras (vermelo, azul) tintan máis, polo que se queredes podedes botar unha gotiña máis nas cores máis claras. Podedes xuntar os colorantes para formar cores secundarias. Quedaría algo así: 


Debedes revolver, co palillo neste caso, para que o colorante se mesture coa agua e logo colocar un palillo por cada unidade. Logo so queda esperar a que se conxele no conxelador!


Antes de comenzar a pintar con eles tedes que deixalo un pouco a derreter para que pinten ben. É mellor que utilicedes unha superficie con corpo, como pode ser unha cartolina. Aquí tedes un exemplo de como pintan... XA PODEDES COMEZAR A CREAR!






lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 3: CREAMOS UN MAR CON PLASTILINA/PASTA DE MODELAR

HOXE TRAEMOS UN NOVO RETO: crear algo do mar con plastilina / pasta de modelar...



Seguramente algunha familia non teña plastilina na casa... polo que vos deixamos por aquí a receita para facer plastilina caseira.

Necesitades:

Fariña
Sal
Auga
Aceite
*Colorante (opcional)

Mesturamos o colorante que queiramos usar en auga. Collemos dúas medidas de fariña, unha de aceite e unha de auga co colorante... Engadimos unhas gotiñas de aceite... e a mesturar coas mans (lembrade lavalas antes moi ben!). Despois de usala, gardádea en tuppers para que se conserve.

Deixamos tamén un vídeo de Youtube para facelo: neste caso pon a cor despois, pero se tinximos a auga é moito máis doado (sobre todo se o colorante non é líquido).



Animádevos a participar!

RESOLUCIÓN RETO 2

Moitas grazas a todos por debuxar tantas "aletas de tiburón" e tan bonitas! Encantáronnos as vosas creacións...

Preparados/as para o seguinte reto?



E un aplauso forte tamén para Sabela, que fixo o experimento na casa e saiulle un ARCOIRIS precioso!




A NOSO AMIGO: O MONSTRO DE CORES

Sabemos que a situación é complexa para todxs e que as emocións están a flor de pel nestos días. No caso dos nenos e nenas pode haber momentos nos que se sintan confusos e confusas ou non comprendan realmente o que está pasando. Por iso deixamos á vosa disposición un vídeo que conta as inquedanzas do coñecido Monstro de cores en relación ó coronavirus, esperando que vos sirva de axuda para facilitar a regulación das emocións.

TARXETAS DE CONTEO


Bo día familias! 

Hoxe temos para vós tarxetas de conteo onde as nenas e os nenos teñen que marcar o número correspondente segundo a cantidade de elementos mariños que haxa. Poden marcalo rodeando con lápis, poñéndolle unha pinza enriba ou co que teñades pola casa. 



Aquí tedes o enlace para poder descargar as tarxetas:


Bo comezo de semana para todas e todos, unha semana máis é unha semana menos!

domingo, 29 de marzo de 2020

EXPERIMENTO I

Hoxe traémosvos un experimento "arco da vella" para facer nas vosas casas... Seguindo co lema #todoiráben !

Necesitades:

Unha bandexa (para poñer por debaixo e non manchar a mesa)
Recipiente(s)
Vinagre
Bicarbonato
Colorante (opcional)

No vídeo tedes a explicación de como levalo a cabo... Esperamos que vos guste!!






sábado, 28 de marzo de 2020

XOGO DE MOVEMENTO

Ao ampliar a foto podedes ver en que consiste o xogo... Animádevos a movervos! :)





MANDALAS MARIÑOS

PRIMEIRO QUE NADA: LEMBRADE, POR FAVOR, QUE AS ACTIVIDADES QUE POÑEMOS AQUÍ NON SON OBRIGATORIAS, NIN MOITO MENOS. Non queremos que o vexades así, nin tampouco que vexades a obriga de ter que visitar o blogue... só o facemos como unha forma de conectarnos co alumnado e axudar ás familias no que poidamos para facer isto máis levadeiro...

Dito isto...

Deixámosvos aquí uns mandalas mariños para colorear:






viernes, 27 de marzo de 2020

ESTADES AÍ?

Gustaríanos saber se o que imos poñendo por aquí VOS ESTÁ GUSTANDO E SENDO DE UTILIDADE.

Moitas grazas ás familias que SÍ participastes comentando ou enviando emails... 

PERO SON AS QUE MENOS, e queremos saber se NECESITADES ou QUEREDES ver outro tipo de cousas no que vamos poñendo... Se ata o de agora vos gustou...

Necesitamos un FEEDBACK

Xa sabemos que a situación personal de cada familia é un mundo, e non pedimos un feedback de todos os días... pero sí saber se o que estamos a facer serve de algo...

Todo isto tendo en conta que temos moitas visitas diarias e entendemos que entrades a ver o blog, pois non é obrigatorio nin moito menos, só é unha ferramenta para aqueles que queirades aproveitala. Non é obrigatorio entrar nin facer as cousas, pero se entrades queremos saber se vos está gustando.

Esperamos respostas EN COMENTARIOS OU NO EMAIL!! Bo venres!

APP QUIVER

Estes días tamén vos iremos deixando ideas de APPs que cremos útiles para aprender xogando... Unha delas é QUIVER.


Estas aplicacións valen tanto para Android como para iOs e podedes descargalas nun móbil, tablet, iPad...

A idea desta aplicación é xogar coa realidade aumentada, na súa páxina web: QUIVER  tedes a opción de descargar plantillas (moitas GRATUITAS) para despois xogar con elas na app que teñades descargada, pois as imaxes "toman vida" e póñense en movemento... E coas cores que as nenas e nenos puxeron!

Pasamos un rato pintando e despois vendo como os debuxos aparecen no salón/cociña/habitación da nosa casa... 

Que vos parece? 

Deixámosvos un vídeo explicativo que sempre é máis doado de entender... (os próximos vídeos fareinos en horizontal, prometido jaja).

Que teñades bo venres!


BINGO DE LETRAS

Boas! Hoxe traemos un xogo de mesa moi sinxelo... que nos permite repasar as letras, como se chaman, como soan...

Deixámosvos unhas plantillas para imprimir, pero como vedes, é doado crealas vós mesmos/as! Simplemente hai que facer recadros e escribir as letras dentro...


Despois temos que preparar unhas letras para meter nunha bolsa/caixa/bol... E ir sacándoas para marcar (tachando, poñendo un gomet...) as letras que vaian saíndo... Podedes facelas en folios, cartolinas...



Lembrade cantar liña ou bingo cando as teñades todas! E, aproveitade para xogar en familia! :)

ANIVERSARIO SOFÍA

Hoxe, 27 de marzo, é o aniversario de Sofía!!! Cumple xa 4 anos e sabemos que o vai celebrar con moitas ganas: hoxe, cando volvamos ó cole e cando remate todo isto de #quedarnosnacasa .

Moitos parabéns Sofía!!! A profe Marilina mándache un bico e un abrazo enorme!

Animádevos en comentarios a felicitala :)



jueves, 26 de marzo de 2020

CRUCIGRAMA MARIÑO

Boa tarde! 

Deixamos á vosa disposición unha serie de crucigramas con vocabulario relacionado co mar de menor a maior dificultade: no primeiro deberanse completar os ocos coas vogais correspondentes, no segundo escribir en cada recadro as letras para formar a palabra que comeza pola inicial marcada e no terceiro escribir nos ocos a palabra que se indica nas diferentes imaxes. 






Aquí tedes o enlace para poder descargar o documento: 


ANIVERSARIO ANDREA RÍOS

Unha das cousas que tamén botamos de menos é celebrar os aniversarios no cole, todxs xuntxs!!!

Así que, queremos felicitarvos igualmente nestes días... para que saibades que nos lembramos de vós...

PRONTO O CELEBRAREMOS XUNTXS NO COLE!!

O día 21 (aínda non crearamos este blogue) foi o aniversario de ANDREA RÍOS de 3 ANOS B...

E queriamos deixarvos aquí a nosa felicitación, ANIMAR ÁS FAMILIAS A QUE FELICITEDES EN COMENTARIOS...

E tamén deixamos unha plantilla de coroa para crear unha como as que facemos no cole... Que vos parece?

PARABÉNS ANDREA (aínda que con algo de retraso esta vez...). As profes, sobre todo a profe Andrea, mandámosche un abrazo enorme!


RETO 1: SUPERADO!


Aquí tedes o resultado do Reto 1: Tiburón Martelo, onde tiñades que encontrar obxectos rectangulares. Fixéchedelo fenomenal! Eres quen de encontrar as tuas fotos?



ÁNIMO e a polo Reto 2!!

RETO 2: ALETA DO TIBURÓN

Hoxe traémosvos un novo RETO! Esta vez as formas protagonistas son os... TRIÁNGULOS! Pois, se nos fixamos na aleta dos tiburóns... ten que esta forma, verdade?

Pois... esta vez necesitamos que vos animedes a facer un DEBUXO que inclúa triángulos, e o ideal sería que os triángulos que fagades estean pintados todos da mesma cor para identificalos mellor.

Lembra que os triángulos teñen 3 lados, e que hai varios tipos, deixámosvos aquí o exemplo:



Que vos parece? Esperamos as vosas fotos no email, lembrade: aprenderxuntos@gmail.com 

Axiña colgaremos as fotos do RETO 1, que participastes moitxs de vós! 

MOITÍSIMAS GRAZAS, fainos moita ilusión saber que vos axudamos a entretervos estos días.



miércoles, 25 de marzo de 2020

MOVÉMONOS

Boas tardes! Como o levades hoxe?
Traémosvos un novo xogo para mover o corpo!
Tedes cinta de carroceiro nas vosas casas? Se non é así, podedes usar cordas, trapillos, incluso facer as formas con papel e pegalas cun trociño de celo no chan que é doado de quitar... Moito mellor se é cinta porque non se move e destaca máis no chan (xa vedes que a profe Marilina non tiña e apañouse co que había pola casa...).

A idea é crear no chan: formas xeométricas, números, letras... combinadas entre si...





E xogar a saltar nelas:

1. Primeiro saltamos ó círculo
2. Agora ó triángulo
3. Despois ó rectángulo
4. Salta á pata coxa no cadrado
5. Salta cos dos pés no círculo
6. Salta dando un xiro ó número 3
7. E despois ó número 4 como unha bailarina...

E SEGUIDES... un ratiño. Por quendas, despois mandádelle vós ás vosas mamás, papás, irmáns....

DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!

IDEAS PARA ENTRETERNOS

Sabedes que Disney sacou onte unha APP que se chama Disney+ coa opción de ter 7 DÍAS GRATUITOS DE PROBA?

Pois si! E, aínda que non vos recomendamos ver a tele moito tempo ó día, sí que é certo que ademais de pelis e cortos de Disney, tamén teñen a opción de ver documentais de National Geographic que ás veces son moi interesantes.

Aquí tedes o enlace para máis información (non é publi, tranquilxs!): DISNEY+

Recomendámosvos algúns cortos como Piper, Pajaritos, Lava, La Luna, Día y Noche...etc. (a maioría están na sección de PIXAR). E se non accededes á aplicación, atopamos algúns que vos deixamos aquí.

Estaría ben que despois de velo fixerades un DEBUXO do que máis vos gustou! E se vos animades, podedes enviárnolo!


ACTIVIDADE IMPRESA: A VER SE ME ENCONTRAS!

Bos días!

Hoxe temos para vós unha actividade impresa na que tedes que buscar tantos animais/elementos mariños como se vos pide no recadro. No caso do nivel máis complexo terán que facer ó revés: contar o número de elementos que se piden e escribir o número correspondente. Estamos favorecendo o conteo, a atención, a concentración... Como vedes ofrecemos diferentes niveis de dificultade para que a podades adaptar á vosa filla ou ó voso fillo. Esperamos que vos sexa de utilidade!




Coma de costume, deixamos un link para descargar a actividade:
ÁNIMO, xa queda menos!!

martes, 24 de marzo de 2020

XOGO: QUEN É QUEN?


Estamos por aquí de novo!

Elaboramos unha serie de cartóns para poder xogar ao "QUEN É QUEN?" en familia, traballando así a morfoloxía dos animais mariños e a capacidade para poder describilos oralmente. Como vedes hai diferentes niveis de dificultade para escoller en función de cada neno e de cada nena. Esperamos que vos gusten e vos sirvan de utilidade!!



Deixamos á vosa disposición os cartóns para descargar:


RUTINAS DA MAÑÁ


Propoñemos unha serie de rutinas que podedes realizar coas vosas fillas e fillos como rutinas da mañá, do estilo que realizamos no cole habitualmente.

Para comezar podedes cantar a canción dos "Bos días":


Despois podedes cantar a canción dos días da semana


Podedes crear un panel con cartolina, cartón... onde as nenas e os nenos podan ir recollendo os aspectos que definan o día no que estamos. Neste caso, deberían escoller o día da semana correspondente, rodear no calendario o dia do mes e tachar o día de onte, e colocar na casilla o tempo que fai. Aquí tedes un exemplo de plantillas que podedes utilizar, aínda que pode ser interesante que as realicen eles mesmos:




Finalmente podemos propoñerlles que representen os seus propios nomes con letras móbiles e algún nome dos seus compañeiras e compañeiros. Aquí tedes unhas plantillas que vos poden servir de exemplo para facelo ainda que, como indicamos, pode ser interesante que o elaboren pola sua conta. 






Tamén pode ser unha opción representar o nome propio de forma escrita e animar á nena ou ó neno a debuxarse.

E o máis importante: falar dos nosos sentimentos, preocupacións... e transmitir a tranquilidade de que pronto poderemos volver aos parques e ao cole!!

Aquí tedes un enlace para poder descargar as plantillas: