jueves, 30 de abril de 2020

NOVO RETO

As tarefas da vida diaria e cotiá están moi presentes no método Montessori... E hoxe traemos un novo reto tendo isto en conta...

1. A idea é que xoguedes a romper papeis, traballando a motricidade fina, rasgando papel de cociña...



2. Tedes que debuxar con tiza / cinta de carroceiro un cadrado/círculo no chan...

3. Despois, o máis divertido, temos que tiralo polo chan na cociña, na habitación...

4. Agora toca varrer... tedes que levar todos os papeis que tirastes polo chan cunha vasoira ata o cadrado/círculo... e a recoller!



Así, tamén axudamos na casa en vindeiras ocasións...

Se vos animades mandade fotos ó correo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario