miércoles, 15 de abril de 2020

DESCUBRINDO ÓS TIBURÓNS

BO DÍA FAMILIAS, QUE TAL TODO?

Hoxe traemos unha batería de actividades para o tratamento dos tiburóns. 

Por un lado temos un vídeo de tiburóns en Galicia para achegarnos a eles:


Por outra banda, propoñémosvos unha manualidade sinxela que podedes facer cos nenos e nenas: un photocall. Para elo eu utilicei unha caixa de cartón (dos que conteñen os bricks de leite, polo que vedes que calquer material vos pode servir), pero tamén podedes utilizar cartolinas, por exemplo. Posteriormente tracei a forma do tiburón, recortei a silueta e pintei con temperas, mesturando as mesmas para obter as distintas cores. No caso de non ter temperas tamén podedes dar rienda solta á imaxinación e decoralo con papeis que teñes pola casa.... Aquí tedes fotos do proceso... e xa estaríamos preparadxs para unha sesión de fotos en familia!




Outra opción podría ser realizar unha actividade impresa relacionada coa lóxica-matemática, onde dependendo do nivel de dificultade terán que debuxarlle un determinado número de dentes a un tiburón que os perdeu polo camiño, tratando así o conteo. 




Tamén podedes incidir na lecto-escritura a través da seguinte actividade impresa, tendo diferentes níveis de dificultade: 




Outra opción sería un xogo relacionado cos tiburóns pode ser o tradicional "Simón dí" adaptado ao "Tiburón dí", onde se lle pode dar diferentes consignas aos nenos e nenas como: 

"Tiburón dí que saltes 4 veces cara adiante"
"Tiburón dí que busques un obxecto con forma cadrada na casa"
"Tiburón dí que nomees algo que coman os tiburóns"
"Séntate no chan"

Recordade que só se ten que realizar dita acción cando se diga "Tiburón dí"!!

Por último comentar que cando se buscan certos animais en Google da a opción de que se poidan observar en Realidade Aumentada. Como vedes, no caso do tiburón da a opción a "Ver en 3D". A min colouseme un tiburón na casa!!



Esperamos que estas propostas vos sexan de utilidade.

*As imaxes das actividades impresas foron obtidas a través de Google Imaxes 




4 comentarios:

  1. Xa temos o tiburón cortado, a tarde pintaremolo e ensinamolo, moitas gracias, a Pablo e Martín encantannos os tiburons

    ResponderEliminar
  2. Zaira cuando lo vio ya dijo"a Martin y a Pablo le gustan los tiburones" jajjaja

    ResponderEliminar
  3. Todo un éxito! Una actividad muy divertida, Alicia disfrutó mucho. ����������

    ResponderEliminar