viernes, 3 de abril de 2020

OCA MARIÑA

Aquí tedes un xogo do estilo á tradicional oca para xogar en familia, onde só tedes que tirar o dado e avanzar ata o animal mariño que vos toque. Fixádevos que hai un intruso: un paxaro, non podando mover a vosa ficha se vos toca porque non se pode mover polo mar!! Podedes utilizar calquer obxecto que teñades por casa como fichas: pinzas, gomas...

Pensamos tamén nas familias que non teñades impresora, podendo elaborar un taboleiro semellante de forma artesanal con diferentes temáticas: letras, números... ou por exemplo, cores que podedes representar con ceras, rotuladores, recortes... Quedaría algo así:


Como vedes os dados son sinxelos de elaborar, o importante é deixar as pestañas para poder pegalas con pegamento ou celo e darlle forma ao dado. Tamén podedes adaptar algún dado que teñades pola casa.... 

QUE DISFRUTEDES DO XOGO EN FAMILIA!



No hay comentarios:

Publicar un comentario