jueves, 30 de abril de 2020

NOVO RETO

As tarefas da vida diaria e cotiá están moi presentes no método Montessori... E hoxe traemos un novo reto tendo isto en conta...

1. A idea é que xoguedes a romper papeis, traballando a motricidade fina, rasgando papel de cociña...



2. Tedes que debuxar con tiza / cinta de carroceiro un cadrado/círculo no chan...

3. Despois, o máis divertido, temos que tiralo polo chan na cociña, na habitación...

4. Agora toca varrer... tedes que levar todos os papeis que tirastes polo chan cunha vasoira ata o cadrado/círculo... e a recoller!



Así, tamén axudamos na casa en vindeiras ocasións...

Se vos animades mandade fotos ó correo!



OVOS DE DRAGÓN

Hoxe traemos un novo experimento... para o que necesitades:

- Ovos (que hai que cocer previamente)
- Colorante alimenticio

Vede o vídeo para saber máis...


DEBUXAMOS SOMBRAS

Hoxe traemos un novo xogo... atentas e atentos ó vídeo... e a crear!


miércoles, 29 de abril de 2020

OUTRO CONTO NO TEATRO DE SOMBRAS: ELMER

Aquí tedes a historia de Elmer, o elefante de cores, no teatro de sombras...


XOGO CÓDIGOS QR

Traemos outro enigma para resolver con códigos QR, lembrade que hai app para lelos... e que moitos móbiles xa teñen a opción coa cámara, que ao recoñecer o código deixan abrir o enlace asociado.

Esta vez tedes que descubrir unha palabra unindo a PRIMEIRA LETRA de cada imaxe, se a descubrides... deixádeo en comentarios!!





TRABALLO DE MOTRICIDADE FINA

Para crear este xogo necesitamos:

- Caixa 
- Paus de brocheta
- Abalorios/macarróns

Podemos, ademais de traballar a motricidade fina ensartando nos paus, facer unha clasificación de cores, poñer unha cantidade específica en cada pau: 5 abalorios en cada pau, e en cada un, unha cor.






martes, 28 de abril de 2020

INVESTIGANDO OS POLBOS

BO DÍA FAMILIAS!

No día de hoxe propoñemos que investiguemos os POLBOS, cefalópos habituais na nosa zona. Con elo pretendemos coñecer aspectos como:
- Morfoloxía
- Alimentación 
- Comportamento 

Para iniciarnos nese coñecemento propoñemos un vídeo:


Aquí tedes a explicación das actividades propostas:


Tamén podemos seguir observando características morfolóxicas a través de Google e a Realidade Aumentada grazas á opción "Ver en 3D":



Podemos realizar unha manualidade a raíz do mesmo:


Unha vez observados todos estos aspectos, podemos realizar actividades impresas.
Para o tratamento da lóxica-matemática (conceptos máis grande que, ordinalidade):



Para tratamento da lecto-escritura:



 *3 y 4 anos: faltan as palabras manto, ollo, brazos e ventosas






lunes, 27 de abril de 2020

EXPERIMENTO: HOLOGRAMAS

Queredes facer maxia de verdade con este experimento?

Necesitades:

- Tapa de CD (ou metacrilato)
- Algo para cortar_ cúter, algo quente...
- Algo para pegar: celo, silicona...
- Un móbil

Mirade atentamente o vídeo... e a ver se vos animades a facer maxia na casa! Contádenos se o facedes!




ESCRIBIMOS CON SAL

Se tedes un pouco de sal pola casa... xa tedes todo o necesario para facer este xogo!

Engadimos colorante (opcional), preparamos o noso dedo índice... e a traballar: escribimos letras, números, formas xeométricas... o que queirades...


domingo, 26 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS SAÍDAS Á RÚA

Sabedes que a partir de hoxe podedes saír á rúa... pero tendo en conta unhas normas e recomendacións...

Queredes saber cales?

Vede o vídeo para descubrilo... e de paso, rirvos un rato!


viernes, 24 de abril de 2020

TEATRO DE SOMBRAS: LOS TRES CERDITOS

Deixámosvos un novo conto no teatro de sombras... "Os tres porquiños".

Esperamos que o disfrutedes!



Por se vos animades a facer un teatro de sombras na casa, necesitades:

- Cartón ou caixa un pouco grande de cartón
- Témperas (opcional, para pintar)
- Papel de cociña (1 ou 2 láminas)
- Cartolina negra ou impresora (para imprimir en branco e negro)
- Paus de brocheta
- Celo
- Algún tipo de soporte como gomaespuma

Só tedes que montar a pantalla, poñerlle un papel de cociña, recortar as figuras (se as imprimides, recomendo plastificalas), pegalas ós paus de brocheta... e unha lámpara para poñer por detrás.




Deixo aquí algúns documentos para descargar as personaxes dun conto:

https://drive.google.com/open?id=1uVfp_pE8bSiYMPVH_MowdfGxlrYHg3jv

CAIXIÑA BAILARINA DE ARTE



BOTE DA ALEGRÍA

Hoxe traemos unha actividade moi curtiña para facer todos os días...

UN BOTE DA ALEGRÍA

No vídeo tedes explicado en que consiste...


Ademais deixámosvos un material que vos regala a profe Lis relacionado coas emocións:


jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO


BO DÍA FAMILIAS!!!

Hoxe é o DÍA DO LIBRO, por iso traemos para vós un contacontos:








Unha actividade que vos propoñemos para este día é CREAR UNHA HISTORIA tendo en conta 3 protagonistas mariños que estivemos investigando estos días. Aquí tedes un vídeo explicativo:






Ademais, deixámosvos por aquí algunhas recomendacións de contos facendo clic nos enlaces ou nos vídeos:



RETOS DAS PROFES

Bueno... aquí estan os retos que nos deixastes... esperamos telos superado!

O primeiro é o de Sabela, que nos retou a facer un verme de papel e facelo andar cunha palliña...

FOI DIFICIL! Pero cremos que o conseguimos!!






O segundo foi o de Pablo e Martín, que nos retaron a facer maxia con papel de cociña e rotuladores...

O peixe da profe Andrea





O cachalote da profe Bego

A flor da profe Marilina




E o terceiro, de Daniela, facer algo con rollos de papel hixiénico...

Os prismáticos da profe Bego

O polbo da profe Andrea

O peixe da profe Marilina

QUEN SE ANIMA A RETARNOS A MÁIS COUSAS? 




ANIVERSARIO XIANA

Hoxe está de aniversario XIANA, da clase de 3 ANOS B. 

MOITÍSIMOS PARABÉNS, as profes, especialmente a profe Andrea e a profe Lis, desexamos que teñas un feliz aniversario e que sexas moi feliz. Xa eres toda unha maior de 4 anos!!!

Moitísimos bicos, desfruta moito!!



miércoles, 22 de abril de 2020

TEATRO DE SOMBRAS: A EIRUGA LARPEIRA

SORPRESA!! Tedes aquí un novo conto... pero con novo formato!! Un teatro de sombras... non teñades en conta os fallos, aínda estou comezando con esta arte... jeje

Esperamos que vos guste!


ASOCIACIÓN NÚMERO - CANTIDADE

Hoxe traemos un novo xogo que podedes facer con:

- Cartón / madeira (para facer o soporte)
- Tapóns de leite (pegados con silicona, loctite, cola...)
- Rotulador (mellor permanente)

A idea é que as nenas e nenos asocien o número á cantidade de puntiños/debuxos... o que vós queirades... 

O número irá no tapón, e así terán que ir colocándoos, traballando tamén a motricidade fina.

 
 

ESTAMPACIÓNS MARIÑAS


BO DÍA, FAMILIAS!

Hoxe propoñemos a creación de obras artísticas con materiais que temos polas casas a través da técnica da estampación. Aquí tedes un exemplo que fixemos:


Se vos animades podedes enviarnos as vosas creacións!!!






martes, 21 de abril de 2020

COUSAS QUE NOS CHEGAN II

Moitísimas grazas por enviarnos o que ides facendo na casa... 

Sabela enviounos os experimentos que anda a facer... Area máxica e... neve!!



Zaira fixo o seu tendal...



 Martín e Pablo animáronse a facer un tiburón xenial e xogaron a buscar os 8 tentáculos dun polbo...




Daniela traballou moito facendo o xogo de asociación de cores, engadindo letras e números!



Todo chulísimo! Sodes uns artistas!