lunes, 23 de marzo de 2020

RUTINAS

É moi IMPORTANTE que non deixemos de lado as rutinas...  Por iso aquí queremos darvos unhas recomendacións:

Resultado de imagen de rutinas


1. Levántate máis ou menos á hora que soes despertarte para ir ó cole, almorza (podedes ser creativxs e facer almorzos saudables, queredes ideas?) e vístete.

2. Se entrades no apartado #etiquetas --> RUTINAS, podedes ver unhas ideas para facer unha pequena "asamblea" como a que facemos na clase: poñemos o día da semana que é hoxe, o tempo que fai, e podemos tachar o día do mes no calendario, por exemplo.

3. Podes facer uns 15 minutos de exercicio: zumba, baile, montar un circuito polo pasillo da casa, saír ó xardín/terraza, se tedes, e facer unhas carreiras, xogar a saltar...
E despois, ponte un dos vídeos de ioga que deixamos por aquí, para volver á calma

4. Agora estás listo/a para ler algún conto e facer un debuxo do que liches, para facer algunha das actividades que temos por aquí.... Xa veredes que poñeremos moitas ideas! Xoga a escribir o teu nome, o nome do día no que estamos, algo que aprenderas hoxe...

5. Lembra que tes que comer algo entre o almorzo e a comida, que sempre nos entra fame! Lava moi ben as mans: vai ver o vídeo que deixamos aquí as profes para aprender a lavalas ben ben, e despois merenda: podes seguir o calendario que faciamos no cole para non esquecerte:

LUNS: doce caseiro, MARTES: o que queiras!, MÉRCORES: bocadillo, XOVES: froita e VENRES: algún lácteo.

Se manchas, acórdate de limpar: cun pano, quitar as migas como facemos no cole cun recolledor, limpa a boca (mírate ao espello!)... E prepárate para xogar!

6. Xoga, xoga e xoga. Xogar é super importante para facer voar a imaxinación e a creatividade. Se estás falto/a de ideas de xogo, imos deixar por aquí tamén ideas... Pero, o ideal sería que vaias creando.

7. Podes facer un debuxo Ó REMATE DO DÍA do que fixeches hoxe, para crear unha especie de DIARIO e cando volvamos ó cole, poder contárnolo ás profes e os compañeirxs!

8. Lembra seguir coas túas rutinas: lavar os dentes, bañarte, durmir, ver cousas interesantes na tele, e, sobre todo... SORRIR!

PODEMOS CON ISTO! Botámosvos de menos, vémonos axiña.

2 comentarios:

  1. Me parece muy educativa,practica y muy diver para los pekes y papis 😅😄

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas!!! Esperamos axudar un pouquiño :)

    ResponderEliminar