lunes, 23 de marzo de 2020

COMEZAMOS AVENTURA

Ola Familias! Como estades? Supoñemos que como todxs, esperando a ver como avanza todo isto, e vivindo o día a día...

Hai que facer uso máis que nunca do #CARPEDIEM e reflexionar sobre todas as cousas positivas que temos, cos que máis queremos.

Os/as expertos/as comentan que o ideal é CREAR UNHA RUTINA, sobre todo para organizarnos e facer que o día se faga o máis curto posible...

E aquí estamos, algunhas das profes do cole, para axudarvos no que nos sexa posible...

Tendo en conta que son nenas e nenos de Educación Infantil, parécenos absurdo mandar "fichas" como tal para traballar na casa...

Pero, vendo que isto vai para longo, pensamos en dar ideas de actividades máis específicas a través deste medio para que poidades levar a cabo nas casas cos vosos fillxs. OBVIAMENTE TOTALMENTE OPCIONAIS, só son ideas.

Esperamos que vos sexa de utilidade, e que vos entreteñan algo estes días... Sobre todo, tendo en conta que XOGANDO é cando máis APRENDEMOS.

Entre todxs, podemos con isto e máis!

No hay comentarios:

Publicar un comentario