viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Sabedes que o domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas... pero, antes de dicirvos a quen se adica este día... 

TEMOS UNHA PROPOSTA MÁIS DIVERTIDA... TEDES QUE SEGUIR MOI BEN AS INDICACIÓNS PARA QUE O XOGO SAIA BEN...

PREPARADAS? PREPARADOS?

PASO 1: tedes que ler estes códigos QR para descubrir a quen se adica este día... e un pouco máis da súa vida...

PASO 2: xa sabedes quen é o protagonista deste día das Letras? Pois se xa o descubristes... agora imos falar dun conto que escribiu este autor... Pero... antes de dicirvos cal... Tedes que descubrir que animal é o protagonista... 

Para iso deixamos unhas pistas:


Xa sabedes de que animal se trata??? 

PASO 3: Se descubriches de que animal se trata... tes que debuxalo!!! E escribir o nome debaixo do teu debuxo (estaría ben que o enviaras ás profes). Non vale mirar unha foto, tes que pensar e debuxalo como che saia...

PASO 4: Se xa tes o debuxo... agora podes descubrir o conto deste autor... 

E agora que xa sabedes o autor, as protagonistas do conto, e escoitastes a historia... Se queredes, podedes animarvos a facer esta manualidade...



E participar neste mini xogo de memoria:


E ademais tedes aquí unha páxina web con recursos moi interesantes...


Esperamos que vos guste o que preparamos...

Feliz día das Letras Galegas 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario