martes, 12 de mayo de 2020

BÚSQUEDA DO TESOURO XEADA

Para seguir experimentando coa AUGA e os diferentes estados... traemos un novo xogo con xeos.

Sen que a nena/o neno vexa o que metemos nos xeos, podemos meter diferentes obxectos nunha cubitera á que despois engadiremos auga e meteremos no conxelador...

Despois, a idea é que eles/as experimenten cos xeos, podemos deixarllos nun recipiente para que poidan tocalos, ver como se van derretindo, abrindo un diálogo sobre que o xeo é auga en estado sólido e que coa calor volven ó estado líquido (estados da auga)...
E pouco a pouco irán descubrindo o que hai dentro, escondido.

Esta vez, trátase de experimentar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario