viernes, 5 de junio de 2020

BEE-BOT E XOGOS DE MEMORIA E DISCRIMINACIÓN VISUAL ONLINE

Bo día familias!! Como vai todo?Esperamos que ben!
Hoxe deixamos para vós unha serie de recursos online:

a) BEE-BOT
É un robot que permite iniciarnos na programación. Trátase de levar á abella ata o punto final que se indica, tendo que pasar polos diferentes cadros azuis. Para movelo tedes os comandos, que se encontran na parte inferior dereita. "Diante" e "atrás" desplazan o robot, mentres que "esquerda" e "dereita" só o xiran do lado correspondente. Podedes acumular as diferentes ordes ata o final e darlle a "GO" (esta sería a maior dificultade), acumular algún e darlle a "GO" (dificultade media, segundo o número de ordes que se lle de) ou dar só unha orde de cada vez (nivel máis doado). Iranvos aparecendo os movementos no recado azul da dereita. 
O xogo ten diferentes niveis, que se irán pasando a medida que o robot chegue á meta. 


b) XOGO DE MEMORIA
É o tradicional xogo de parellas, tendo como vedes diferentes temáticas entre as que destacamos o mar. Ten tres niveis de dificultade para que se poda adaptar as características dos nenos e nenas. Implica as función executivas de atención, memoria... 


c) XOGO DE DISCRIMINACIÓN VISUAL 
Trátase de seleccionar os elementos que son iguais ao modelo que se nos proporciona. Fomenta o desenvolvemento da discriminación visual, poñendo en xogo a atención, a memoria... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario